XVIII entrega de los Premios María Casares de Teatro












El jueves 27 de Marzo se celebró en el Teatro Rosalía de Castro la XVIII entrega de los Premios María Casares de Teatro.

Tuve el enorme placer de que "A Saia de Carolina" (modelo de falda de Musaraña), formase parte del divertido y original vestuario de las presentadoras de la gala, en concreto de la polifacética y encantadora Isabel Risco.
Me ha encantado, como siempre, verla en acción.Muchas gracias a Ibuprofeno Teatro y a Isa (por supuesto).
:-)

Crónica de Bea Camiña para Mundodiario:

"A compañía Chévere e a súa produción 'Eurozone' foron das grandes triunfadoras da noite xunto con Abrapalabra e 'As do peixe', da XVIII dos Premios de  Teatro  María  Casares,  onde  se  fixeron  con  catro  e  tres  galardóns respectivamente.  A  gala,  inspirada  nesta  ocasión  nun  glamouroso  furancho  da man  de  Ibuprofeno  Teatro,  celebrouse  o  pasado  xoves  no  Teatro  Rosalía  de Castro da Coruña e as encargadas de conducir a gala foron as carismáticas Isa Risco e Marián Bañobre. Así, das nove nominacións coas que contaba 'Eurozone', finalmente se fixo co premio á mellor iluminación, á mellor escenografía, á mellor actriz secundaria para Patricia de Lorenzo, e ao mellor espectáculo. 'As do peixe', outra das favoritas, fíxose finalmente con tres premios: o de lleor texto orixinal, á mellor  actriz  protagonista,  para  Susana  Dans,  e  á  mellor  direción  para  Cristina Domínguez.O presidente da AAAG, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Avelino González, foi o encargado de dar a benvida ao acto cun discurso no que partindo  do  humor  máis  crítico,  como  faría  tamén  o  seu  compañeiro  Camilo Franco máis adiante durante o Manifesto do Día do Teatro, ambos recordaron que este ano foi “outro ano moi duro” para o sector. “Por iso estamos aquí. E estamos armados. Temos entre as mans unha arma de organización masiva e podemos buscar con ella un final feliz no que os bos e xenerosos cobren e os malos paguen
tentando  cambiar  o  seus reinos  por  calquer  cabalo”,  sentenciou,  non  sen  antes citar:  “Non  é  posible  levarlle  a  contraria  a  Roberto  Vidal  Bolaño:  morre  un  de tantas cousas que é vivir o que estremece”.
A XVIII edición dos María Casares tamén foi unha gala  cunha forte aposta  polo  feminino  e  polos  dereitos  das  mulleres.  Escoitáronse  moitos  “sí  ao aborto”.  Pero  sen  dúbida,  o  momento  máis  emotivo  da  noite  foi  sen  dúbida  o premio  de  honra  Marisa  Soto,  concedido  a  Xosé  Manuel  Olveira  (Muros,  A Coruña,  2013). O  galardón  anual  de  honra  a  unha  traxectoria  profesional  lle  foi concedido a “Pico”, considerado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia como un “creador de personaxes, amigo; compañeiro”... Un premio que recolleu seu fillo e que se fundiu nun enorme arropamento de todo o Teatro en forma de aplausos e centos de “bágoas de escuma branca”.
E  nesa  misma  tónica,  se  sucederon  as  palabras  emocionadas  de agradecimiento  e  reivindicación  de  todos  os  premiados  que  ían  subindo  ao esceario. Os gañadores por categorías según ían aparecendo:

• Mellor maquillaxe: Trini Silva por 'C'est la vie' de Matrioshka Teatro.

• Mellor Vestiario: Uxía P. Vaello por 'Waltz' de Voadora.

• Mellor Iluminación: Fidel Vázquez por 'Eurozone' de Chévere.

• Mellor Escenografía: Javier Domingo Ballestín por 'Eurozone' de Chévere.

• Mellor Música Orixinal:  Carlos Mosquera 'Mos' por 'Bye Bye Honey' de Obras Públicas – Abrapalabra

• Mellor Adaptación: Tradución: Xosé Manuel Pazos Varela por 'A Charca Inútil', de Teatro do Atlántico.

• Mellor Texto Orixinal: Cándido Pazó por 'As do peixe' de Apalabra Creacións Escénicas.

• Mellor Actriz Secundaria: Patricia de Lorenzo por 'Eurozone' de Chévere.

• Mellor Actor Secundario: César Goldi por 'Bye Bye Honey' de Obras Públicas – Abrapalabra.

• Mellor Actor Protagonisa: Josito Porto por 'As Mil Vidas de Matías Houseman' de Teatro de Adro.

• Mellor Actriz Protagonista: Susana Dans por 'As do peixe' de Abrapalabra Creacións Escénicas.

• Mellor Dirección: Cristina Domínguez por As do peixe de Abrapalabra Creacións Escénicas.

• Mellor Espectáculo: 'Eurozone' de Chévere".


Fotografías: Cris Andina

No hay comentarios: