El jueves 27 de Marzo se celebró en el Teatro Rosalía de Castro la XVIII entrega de los Premios María Casares de Teatro.
Tuve el enorme placer de que "A Saia de Carolina" (modelo de falda de Musaraña), formase parte del divertido y original vestuario de las presentadoras de la gala, en concreto de la polifacética y encantadora Isabel Risco.
Me ha encantado, como siempre, verla en acción.Muchas gracias a Ibuprofeno Teatro y a Isa (por supuesto).
:-)
:-)
Crónica de Bea Camiña para Mundodiario:
"A compañía Chévere e a súa produción 'Eurozone' foron das grandes triunfadoras da noite xunto con Abrapalabra e 'As do peixe', da XVIII dos Premios de Teatro María Casares, onde se fixeron con catro e tres galardóns respectivamente. A gala, inspirada nesta ocasión nun glamouroso furancho da man de Ibuprofeno Teatro, celebrouse o pasado xoves no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e as encargadas de conducir a gala foron as carismáticas Isa Risco e Marián Bañobre. Así, das nove nominacións coas que contaba 'Eurozone', finalmente se fixo co premio á mellor iluminación, á mellor escenografía, á mellor actriz secundaria para Patricia de Lorenzo, e ao mellor espectáculo. 'As do peixe', outra das favoritas, fíxose finalmente con tres premios: o de lleor texto orixinal, á mellor actriz protagonista, para Susana Dans, e á mellor direción para Cristina Domínguez.O presidente da AAAG, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Avelino González, foi o encargado de dar a benvida ao acto cun discurso no que partindo do humor máis crítico, como faría tamén o seu compañeiro Camilo Franco máis adiante durante o Manifesto do Día do Teatro, ambos recordaron que este ano foi “outro ano moi duro” para o sector. “Por iso estamos aquí. E estamos armados. Temos entre as mans unha arma de organización masiva e podemos buscar con ella un final feliz no que os bos e xenerosos cobren e os malos paguen
tentando cambiar o seus reinos por calquer cabalo”, sentenciou, non sen antes citar: “Non é posible levarlle a contraria a Roberto Vidal Bolaño: morre un de tantas cousas que é vivir o que estremece”.A XVIII edición dos María Casares tamén foi unha gala cunha forte aposta polo feminino e polos dereitos das mulleres. Escoitáronse moitos “sí ao aborto”. Pero sen dúbida, o momento máis emotivo da noite foi sen dúbida o premio de honra Marisa Soto, concedido a Xosé Manuel Olveira (Muros, A Coruña, 2013). O galardón anual de honra a unha traxectoria profesional lle foi concedido a “Pico”, considerado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia como un “creador de personaxes, amigo; compañeiro”... Un premio que recolleu seu fillo e que se fundiu nun enorme arropamento de todo o Teatro en forma de aplausos e centos de “bágoas de escuma branca”.
E nesa misma tónica, se sucederon as palabras emocionadas de agradecimiento e reivindicación de todos os premiados que ían subindo ao esceario. Os gañadores por categorías según ían aparecendo:
• Mellor maquillaxe: Trini Silva por 'C'est la vie' de Matrioshka Teatro.
• Mellor Vestiario: Uxía P. Vaello por 'Waltz' de Voadora.
• Mellor Iluminación: Fidel Vázquez por 'Eurozone' de Chévere.
• Mellor Escenografía: Javier Domingo Ballestín por 'Eurozone' de Chévere.
• Mellor Música Orixinal: Carlos Mosquera 'Mos' por 'Bye Bye Honey' de Obras Públicas – Abrapalabra
• Mellor Adaptación: Tradución: Xosé Manuel Pazos Varela por 'A Charca Inútil', de Teatro do Atlántico.
• Mellor Texto Orixinal: Cándido Pazó por 'As do peixe' de Apalabra Creacións Escénicas.
• Mellor Actriz Secundaria: Patricia de Lorenzo por 'Eurozone' de Chévere.
• Mellor Actor Secundario: César Goldi por 'Bye Bye Honey' de Obras Públicas – Abrapalabra.
• Mellor Actor Protagonisa: Josito Porto por 'As Mil Vidas de Matías Houseman' de Teatro de Adro.
• Mellor Actriz Protagonista: Susana Dans por 'As do peixe' de Abrapalabra Creacións Escénicas.
• Mellor Dirección: Cristina Domínguez por As do peixe de Abrapalabra Creacións Escénicas.
• Mellor Espectáculo: 'Eurozone' de Chévere".
No hay comentarios:
Publicar un comentario